Piden al Concello que obligue a reducir el ruido de las campanas
Juan Calvo. Cangas 18 junio 2026
Regresan las quejas vecinales por el alto sonido del tañer de las campanas de la excolegiata de Cangas. Aseguran que en ningún momento se produjo una reducción del sonido que propiciaron las denuncias que se presentaron ante el Concello de Cangas y que desconocen si la Iglesia pagó los 1.800 euros de sanción impuestos por la administración municipal al Arzobispado de Santiago de Compostela, tras rechazar sus alegaciones. La sanción fue impuesta el año pasado y las denuncias corresponden a los años 2020 y 2021.
El gobierno municipal había quedado de mantener una reunión con el nuevo párroco de Cangas, Santiago Pérez, que parecía más receptivo al problema que el anterior, Severo Lobato, pero, de momento, no tuvo lugar, así que la situación se mantiene. Los vecinos pide al gobierno que aplique la ley y que no solo basta con sancionar, sino que debe obligar a reducir el ruido de las campanas de la excolegiata de Cangas.
COMUNICADO DE SINOS DE BRONCE POLA NOTICIA PUBLICADA NO Faro de Vigo - Morrazo EN RELACION O TOQUE MANUAL DE CAMPAS DA IGREXA DE SANTIAGO DE CANGAS DE MORRAZO (PONTEVEDRA)
Dende Sinos De Bronce queremos manifestar o noso máis firme rexeitamento as denuncias públicas que se están a dar ao toque manual das campás na parroquia de Santiago de Cangas
Resulta inaceptable que se pretenda presentar como un problema aquilo que constitúe unha das expresións culturais máis antigas, valiosas e singulares do noso patrimonio. O toque manual de campás español foi recoñecido pola UNESCO como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade precisamente polo seu extraordinario valor histórico, social e identitario. Non estamos a falar dun simple son nin dun mecanismo acústico calquera, senón dunha tradición viva que sobreviviu durante séculos grazas ao compromiso e ao esforzo de xeracións enteiras.
As campás non poden equipararse ao ruído derivado doutras actividades humanas. Son instrumentos sonoros que forman parte inseparable da paisaxe cultural e acústica das nosas vilas e aldeas. O seu son marcou durante séculos o ritmo da vida comunitaria, anunciou celebracións, alertou de acontecementos relevantes e conservou unha linguaxe propia que forma parte da memoria colectiva do noso pobo.
No caso de Cangas, ademais, non existe ningún uso abusivo dos toques manuais. Estes realízanse en momentos concretos e perfectamente delimitados, dentro dunha práctica razoable e respectuosa coa veciñanza. Presentar esta tradición como unha fonte constante de molestias non só é unha esaxeración, senón unha distorsión evidente da realidade.
Cada parroquia galega conserva toques propios, con ritmos, combinacións e mensaxes diferentes. O idioma das campás de Cangas non é o mesmo que o das parroquias limítrofes. Esa diversidade constitúe un patrimonio cultural de valor incalculable que merece protección, estudo e transmisión, non ataques, cuestionamentos nin intentos de deslexitimación.
Dende Sinos de Bronce consideramos especialmente grave que unha tradición avalada polo máximo recoñecemento internacional da UNESCO en español teña que verse sometida constantemente a críticas e cuestionamentos sobre a súa propia existencia. A defensa deste patrimonio non é unha opción nin unha cuestión secundaria: é unha responsabilidade colectiva que atinxe ás institucións, ás comunidades locais e á sociedade no seu conxunto.
Por iso alzamos a nosa voz con total contundencia en defensa do toque manual das campás. Trátase dunha herdanza cultural irrenunciable que recibimos dos nosos devanceiros e que temos o deber de preservar, promover e transmitir ás xeracións futuras. Permitir o seu deterioro ou a súa desaparición sería unha grave perda para a nosa identidade colectiva. Un pobo que abandona os seus sinais de identidade non só empobrece a súa historia: renuncia a unha parte esencial de si mesmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario